Galicia dispón de máis de 200.000 quilómetros de liña de fibra óptica


A xeografía galega está percorrida por máis de 200.000 quilómetros de fibra óptica, “situando a Galicia nun lugar punteiro a nivel nacional”, equiparada con outras comunidades como Cataluña, País Vasco ou Madrid, segundo a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.





A Xunta utiliza este tendido de fibra óptica principalmente para o servicio da Autopista Galega da Información, que comunica na actualidade ás tres universidades galegas, ós hospitais, centros de investigación, edificios administrativos, aulas multimedia e á rede de bibliotecas de Galicia.

A empresa Telefónica dispón de máis de 180.000 quilómetros, a través dos que une todas as centrais locais de telefonía e o grupo R ten extendidos máis de 2.500 quilómetros para ofrecer servicios de voz, datos e imaxes a empresas e fogares particulares. Tamén participan deste mercado as empresas Unión Fenosa, Renfe, Retevisión, Jazztel, Comunitel 2000 e Audasa.

Polo que respecta ó cable en Galicia, o seu despregue corre a cargo do operador R, que xa ten extendidos máis de 2.500 quilómetros. Este grupo dá servicio a máis de 6.000 empresas e 15.000 usuarios particulares, chegando neste momento ás sete grandes cidades galegas e a O Barco.

El Ideal Gallego